Co inicio do novo curso, a Biblioteca Universitaria continúa co seu programa de enquisas de satisfacción dos seus usuarios/as, PREME. Nesta ocasión a pregunta da enquisa trata dos horarios da Biblioteca.
Coa finalidade de apoiar ao alumnado da UVigo na preparación das probas de avaliación e exames correspondentes ao mes de xullo, a Biblioteca Universitaria anuncia a posta en marcha de aperturas especiais, tanto nocturnas como de fin de semana, a partir do próximo día 25 de xuño.
Dentro do programa de enquisas web aos usuarios/as da Biblioteca Universitaria (PREME), ao longo dos meses de maio e xuño formúlase unha pregunta dirixida a coñecer o grao de satisfacción dos usuarios coas coleccións bibliográficas que ofrece a Biblioteca.
Con motivo da convocatoria das probas de avaliación do segundo período (do 19 de maio ao 3 de xuño de 2011 de acordo co calendario escolar aprobado polo Consello de Goberno), a Biblioteca Universitaria pon en marcha os horarios especiais de apertura. Estes horarios, tanto nocturnos como de fin de semana, comezarán o vindeiro luns, día 2 de maio, de acordo coa seguinte programación:
O vindeiro 12 de maio, na Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, vai ter lugar a 1ª Conferencia Universidade 2.0. A conferencia oriéntase a compartir experiencias e suscitar debates ao redor da aplicación das tecnoloxías 2.0 no ámbito da educación superior e conta coa participación das tres universidades galegas e das súas correspondentes bibliotecas integradas no comité organizador.