O editor Emerald Group Publishing vén de anunciar un concurso para os usuarios e usuarias da Biblioteca da Uvigo no que se pode gañar un iPod Nano de 8Gb. O concurso consiste en responder a un cuestionario de cinco preguntas sobre las revistas electrónicas de Emerald Managament.
A Sección de Referencia da Biblioteca Universitaria vén de lanzar un vídeo introdutorio sobre a biblioteca e os seus servizos. O vídeo pode atoparse en http://tv.uvigo.es/gl/serial/701.html.
Como en cursos anteriores, con motivo dos exames do segundo cuadrimestre e da convocatoria de xullo, a Biblioteca Universitaria vén de poñer en marcha os horarios especiais de apertura, tanto de noites como de fins de semana.
Para a Biblioteca Universitaria, a medición da satisfacción dos seus usuarios e usuarias constitúe unha preocupación principal. Con esta finalidade, a Biblioteca desenvolveu o seu sistema de enquisas "PREME" que, desde xaneiro de 2010, se leva a cabo con periodicidade bimestral. Neste caso, para o período maio-xuño, a pregunta que se formula trata da percepción dos usuarios/as sobre o trato e atención que reciben do persoal bibliotecario.
Co gallo do Día do Libro, publicamos hoxe a cuarta ampliación do xa clásico, "O libro no libro" que xurdiu en 2008. Esta mostra propon unha selección de novelas nas que o libro é, dalgún xeito, o protagonista. Encuadernadoras de libros prohibidos, cadáveres na biblioteca, mafias libreiras, "sillóns" de academia malditos, bibliotecarias intrépidas, gatos de biblioteca (si, gatos)... Todas as súas historias están á vosa disposición na Biblioteca Universitaria.