Dende o 1 de marzo, estará dispoñible na plataforma Bubela a convocatoria da segunda edición do curso "Máis ala de Google. Como buscar e xestionar información para un traballo académico" organizado pola Biblioteca Universitaria. O curso desenvolverase entre o 9 de abril e o 11 de maio desde ano 2012 e, ao igual que na edición anterior, conta co recoñecemento de dous créditos de libre elección e un crédito ECTS.
O vindeiro luns, 23 de xaneiro, comeza a primeira edición do curso virtual "Máis alá de Google. Como buscar e xestionar información para un traballo académico", organizado pola Biblioteca Universitaria. O curso conta cun recoñecemento de dous créditos de libre elección e un crédito ECTS. Dada a boa acollida desta edición e o interese que despertou entre a comunidade universitaria, organizaremos unha próxima edición do curso entre o 9 de abril e o 11 de maio de 2012 que se anunciará no mes de marzo na plataforma Bubela.
Co novo ano, a Biblioteca inicia unha nova campaña de recollida de enquisas de satisfacción dos seus usuarios e usuarias (enquisa PREME). Coa finalidade de coñecer a opinión da comunidade universitaria sobre outros servizos e áreas de actividade da Biblioteca, as enquisas deste ano tratarán doutros aspectos distintos aos ata agora contemplados. Para comezar, a pregunta correspondente a xaneiro-febreiro de 2012 trata da satisfacción co servizo de préstamo de libros...
Con ocasión da convocatoria de exames e probas de avaliación do primeiro período (do 10 ao 21 de xaneiro de 2012) de acordo co calendario escolar deste curso aprobado polo Consello de Goberno da UVigo, a Biblioteca Universitaria vai levar a cabo a ampliación dos seus horarios de apertura nos campus de Vigo, Ourense e Pontevedra a partir do vindeiro 7 de xaneiro...
Co gallo dos exames de fin de carreira e da convocatoria de decembro nas titulacións a extinguir, a Biblioteca Universitaria pon en marcha os seus horarios especiais de apertura desde o vindeiro día 21 de novembro ata o 2 de decembro...