Na biblioteca de Teleco comezamos o pasado 24 de abril unha sinxela campaña de fomento da lectura. A iniciativa pretende perdurar no tempo o máis posible e amosar ao público que nas bibliotecas da universidade temos moito máis que manuais para as materias de estudo e as bibliografías recomendadas.
Trátase dunha pequena mostra organizada polo persoal desta biblioteca que no ten máis de oito ou dez obras (preferentemente libros e DVDs) que se renovarán cada semana. Procuraremos alternar os fondos da nosa biblioteca cos das outras bibliotecas da Universidade de Vigo. Polo de agora buscamos chamar o interés dos usuarios e usuarias presentando os títulos máis curiosos sobre temáticas variadas. Máis adiante trataremos de facer pequenas mostras monográficas semanais coma libros de fotografía, libros de matemáticas, películas, libros de viaxe...
Non se trata dunha exposición fixa e, en todo momento o público poderá levar en préstamo calquera dos libros que se reemplazarán no carro expositor por outros igualmente chamativos. Buscamos fomentar a lectura e, por suposto, incrementar os préstamos.