Na biblioteca de Teleco comezamos o pasado 24 de abril unha sinxela campaña de fomento da lectura. A iniciativa pretende perdurar no tempo o máis posible e amosar ao público que nas bibliotecas da universidade temos moito máis que manuais para as materias de estudo e as bibliografías recomendadas.
Para conmemorar o Día Internacional do Libro un grupo de bibliotecarias e bibliotecarios da Universidade de Vigo leva a cabo estes días na Biblioteca Central do campus Lagoas-Marcosende (Vigo) unha iniciativa baixo o nome de "Guerrilla laneira". A iniciativa consiste en cubrir con pezas de lá calcetada o mobiliario e outros elementos do edificio da biblioteca como papeleiras, portas, varandas, andeis, directorios e ata alfombriñas para os ratos dos ordenadores...