Como apoio ao alumnado durante o período de exames de xullo, a Biblioteca Universitaria vai pór en marcha unha modalidade especial de préstamo para os/as estudantes de grao e de 1º e 2º ciclo. Esta nova modalidade, que comezará a partir do vindeiro luns, día 4 de xuño, permite ter libros e materiais en préstamo ata como máximo o 18 de xullo.
Co inicio do mes de maio, compre efectuar una nova pregunta no marco da enquisa de satisfacción cos servizos que presta a Biblioteca Universitaria. Neste caso, a pregunta trata sobre a atención das suxestións de adquisición de libros e outros materiais bibliotecarios que fan os/as usuarios/as da Biblioteca...
Lectores concentrados, lectores despistados, gatos entre libros, libros entre fíos, as librarías máis belas do mundo, as máis humildes, a lectura cálida do fogar ou a fría dunha rúa... En Exipto, en Etiopía, Marrakech, Praga, Azores, Ares, Vigo... todo está en "Retratando libros", a mostra fotográfica que dende o 23 de abril, Día do Libro, pode verse na Biblioteca Central do campus Lagoas-Marcosende da UVigo.
A UVigo vai pór en marcha un repositorio institucional de acceso aberto para difundir e preservar a documentación producida polos seus investigadores e investigadoras. Neste marco, a universidade, a través da Biblioteca Universitaria, lanza unha convocatoria de concurso, aberta a toda a comunidade universitaria, para elixir o nome deste repositorio. O obxecto do concurso é atopar un nome que identifique inequivocamente ao repositorio da UVigo e favoreza a súa visibilidade. O prazo de presentación de propostas comeza o 25 de abril de 2012 e rematará ás 22:00 horas do día 25 de maio de 2012. O/A autor/a da proposta elixida polo xurado recibirá como premio un iPad2 patrocinado por EBSCO Subscription Services España...
Con obxecto de facilitar ao alumnado a preparación das probas de avaliación e exames de maio-xuño, a Biblioteca Universitaria programou aperturas especiais a partir do sábado 5 de maio...