Notificáse que o metabuscador Pórtico deixará de estar operativo definitivamente desde o vindeiro martes 27 de novembro de 2012. A partir dese momento as buscas de información terán que facerse directamente dende as bases de datos, portais de libros-e e portais de revistas-e...
Ante a chegada do período de exames de decembro, a Biblioteca Universitaria pon en marcha unha nova programación de aperturas especiais nos tres campus a partir do vindeiro 24 de novembro e ata o 20 de decembro...
Coa chegada do final do ano 2012, a Biblioteca Universitaria, dentro do seu interese por coñecer a opinión do seu público, formula a súa pregunta anual da enquisa PREME sobre o grao de satisfacción xeral cos seus servizos. Esta enquisa constitúe un elemento máis da filosofía de mellora continua do sistema de xestión da calidade da Biblioteca. Por iso, prégase aos usuarios e ás usuarias que colaboren nela respondendo de forma completamente anónima á pregunta En xeral, está satisfeito/a co servizo da Biblioteca Universitaria?