Dentro do programa de enquisas web aos usuarios/as da Biblioteca Universitaria (PREME), ao longo dos meses de maio e xuño formúlase unha pregunta dirixida a coñecer o grao de satisfacción dos usuarios coas coleccións bibliográficas que ofrece a Biblioteca.
As coleccións están formadas por materiais impresos (libros, revistas, prensa) e electrónicos (materiais audiovisuais, revistas en liña, e-books, bases de datos...) que a Biblioteca adquire, organiza e pon a disposición da comunidade universitaria e outras persoas alleas a UVigo. Segundo os datos más recentes, as coleccións están formadas por 560.000 libros, 26.000 títulos de revista (16.000 en formato dixital), 110.000 e-books, 12.000 vídeos e DVDs, e 50 bases de datos.
A Biblioteca anima á comunidade universitaria e ao resto de usuarios a participar nesta breve e sinxela enquisa web. Para acceder a ela basta con pulsar no seguinte enlace enquisa maio-xuño 2011 ou facelo desde a páxina web da Biblioteca ou o seu catálogo OPAC.
Foto: Chris Chapman, "My reading stack", Flickr, www.flickr.com/photos/heliocentric/528094587/