Onte tivo lugar, na Reitoría do campus Lagoas-Marcosende (Vigo), a entrega do certificado do sistema de xestión ambiental, baixo a norma ISO 14001, concedido por AENOR ás tres Bibliotecas centrais dos campus de Ourense, Vigo e Pontevedra. No ano 2011 a UVigo puxo en marcha unha iniciativa dirixida a implantar un sistema de xestión ambiental segundo a norma ISO 14001. A iniciativa, inscrita no marco do Plan SUMA, está liderada pola OMA (Oficina de Medio Ambiente) da UVigo e conta co respaldo da Vicerreitoría de Economía e Planificación, a Xerencia e o Departamento Técnico de Obras, Instalacións e Infraestruturas...