A FECYT informa que a finais deste mes de marzo estará dispoñible a nova WOK 5.2. Entre as novas funcionalidades e melloras que incorpora a plataforma pódense sinalar as seguintes:
Debido ao seu interese por coñecer a opinión dos seus usuarios e usuarias, a Biblioteca Universitaria está a recoller periodicamente unha enquisa web sobra o grao de satisfacción con seus servizos. Con esta finalidade, ao longo destes meses de marzo e abril, estará dispoñible una enquisa sobre a satisfacción dos usuarios/as co trato e atención que reciben do persoal bibliotecario.
Co novo ano chega unha nova pregunta da enquisa PREME de satisfacción dos usuarios coa Biblioteca. Así, ao longo de xaneiro e febreiro preguntarase sobre o grao de satisfacción cos edificios e instalacións das bibliotecas.
Có gallo dos exames do mes de xaneiro, a Biblioteca Universitaria ten previsto iniciar os seus horarios de aperturas especias en noites e fins de semana nos tres campus. As devanditas aperturas terán lugar nas bibliotecas centrais dos campus de Pontevedra e Ourense, e na biblioteca de Torrecedeira en Vigo. Como reforzo á oferta bibliotecaria, a Biblioteca Central do campus Lagoas-Marcosende (Vigo) abrirá tamén en fin de semana.
Para facilitar a preparación dos exames do vindeiro mes de decembro, a Biblioteca pon en marcha aperturas de noites e fins de semana nos tres campus. As devanditas aperturas terán lugar nas bibliotecas centrais dos campus de Pontevedra e Ourense, e na biblioteca de Torrecedeira en Vigo. A maiores, a Biblioteca Central do campus Lagoas-Marcosende (Vigo) reforzará as aperturas de fin de semana.