Co inicio do novo curso, a Biblioteca Universitaria continúa co seu programa de enquisas de satisfacción dos seus usuarios/as, PREME. Nesta ocasión a pregunta da enquisa trata dos horarios da Biblioteca.
A Biblioteca conta con dous tipos de horarios: o horario ordinario, de luns a venres desde as 8:30 ás 21:00 horas (nalgunhas bibliotecas o peche prodúcese ás 20:30 h.), e os horarios extraordinarios (nocturnos e de fin de semana) con ocasión das probas de avalación e os exames do alumnado.
A pregunta "Está vostede satisfeito/a cos horarios ordinarios e extraordinarios de apertura da biblioteca?" estará dispoñible ata o vindeiro 31 de outubro. Do feito que un servizo de calidade non é posible sen a participación do seu público, a Biblioteca anima aos seus usuarios e usuarias a colaborar na enquisa contestando a esta pregunta. Para iso basta con acceder ao formulario web e responder ao cuestionario a través dun reducido número de clics.
Os horarios ordinarios das bibliotecas poden consultarse na páxina web da Biblioteca. Pola súa banda, os horarios extraordinarios son comunicados á comunidade universitaria vía correo-e, mediante carteis nas bibliotecas e, tamén, por medio de Blogdabiblio.
Foto: Greg Smith, "Indigo Time", Flickr, http://www.flickr.com/photos/pragmatic/495083292/