10 novembro, 2010 | 10:18:00

Pregunta da enquisa PREME de novembro-decembro: a satisfacción xeral coa Biblioteca

Coa chegada dos dous últimos meses do ano 2010, a Biblioteca, dentro do seu interese por coñecer a opinión dos seus usuarios e usuarias, lanza a pregunta anual da súa enquisa PREME sobre o grao de satisfacción xeral.  A diferenza das preguntas doutros meses, dirixidas a aspectos concretos do servizo (instalacións, persoal, coleccións...), esta pregunta intenta averiguar que opina a comunidade universitaria e o resto de usuarios sobre o funcionamento en xeral da Biblioteca.

Publicado por GMG | Comentarios (0)
Archivado en calidade , enquisas
15 setembro, 2010 | 10:46:00

Enquisa PREME: a satisfacción coas coleccións que ofrece a Biblioteca

Co comezo do novo curso 2010-2011, a Biblioteca Universitaria retoma o seu programa de enquisas de satisfacción dirixidas aos seus usuarios e usuarias.  Nesta ocasión, a pregunta, correspondente aos meses de setembro e outubro, trata da satisfacción dos usuarios coas coleccións biblliográficas que a Biblioteca ofrece.

Publicado por GMG | Comentarios (0)
Archivado en enquisas , usuarios
17 agosto, 2010 | 13:29:00

Aperturas especiais de bibliotecas da UVigo en agosto e setembro

Con ocasión dos exames de setembro, a Biblioteca Universitaria pon en marcha horarios especiais de apertura de noites e de fins de semana...

Publicado por GMG | Comentarios (0)
Archivado en horario , UVigo
1 xullo, 2010 | 13:19:00

Vídeo-titorial sobre Pórtico e SFX

O Consorcio Bugalicia acaba de lanzar un vídeo-titorial no que se explican as funcionalidades do metabuscador de recursos electrónicos Pórtico e do xestor de enlaces SFX.  O vídeo, cunha duración aproximada de 15 minutos, mostra como buscar en varios recursos-e á vez (bases de datos, revistass-e, repositorios...) e acceder, no seu caso, ao texto completo das revistas-e e dalgunhas coleccións de libros electrónicos ou e-books.

22 xuño, 2010 | 09:14:00

Lecturas refrescantes: a túa biblioteca tamén no verán

Achégase o verán e a Biblioteca da Facultade de Filoloxía e Tradución, no campus Lagoas-Marcosende (Vigo) vos propón unha selección de lectura refrescantes.  Desde Margaret Atwood a Amin Maalouf ou Domingo Villar, pasando por libros de cine, cómics ou guías de viaxes, unha boa colección de títulos atópanse a túa disposición na biblioteca tamén en verán.

Publicado por GMG | Comentarios (2)
Archivado en expos

<< < 23 24 25 26 27 28 29 30 31 > >>
Amosando páxina 27 de 196 rexistros

TAGS
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2025 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal