A Biblioteca Universitaria lanza hoxe a versión para dispositivos móbiles do seu portal web. O desenvolvemento desta versión está baseado na filosofía do responsive design ou deseño adaptable que permite adecuar a visualización e apariencia dunha web ao tipo de dispositivo móbil que se está a utilizar para navegar (portátil, tablet, smartphone, pantalla wide...).