O obxectivo principal de BlogdaBiblio é informar á comunidade universitaria e aos usuarios da Biblioteca Universitaria sobre as novidades que se produzan en canto a recursos de información, servizos bibliotecarios, actos públicos, etc.
Non obstante, debido á súa natureza interactiva, o blog permite que os seus lectores poidan emitir opinións e ideas en forma de “comentarios”.
A Biblioteca Universitaria non se fai responsable das ideas e opinións expresadas polos lectores do blog nos seus comentarios. Por iso, e dentro do respecto á liberdade de expresión, a Biblioteca resérvase o dereito a suspender ou eliminar aqueles comentarios cuxos contidos:
En calquera caso os autores dos comentarios son os responsables do contido dos mesmos.
Os contidos deste blog están rexidos por unha licenza Creative Commons 2.5.