Xa está accesible o novo Perseo, o buscador que substitúe ao antigo catálogo bibliotecario e facilita unha procura integrada nos recursos bibliográficos impresos e dixitais dispoñibles na Biblioteca Universitaria, así como noutros recursos alleos. Grazas á súa interface única, Perseo permite buscar no catálogo e nos recursos electrónicos da biblioteca, nas bibliografías recomendadas, no repositorio Investigo e en recursos de acceso aberto. O acceso pode facerse directamente desde o enderezo https://perseo.uvigo.gal ou desde o apartado "Atopar información" da páxina web da Biblioteca, na que tamén se pode atopar unha guía de uso de Perseo...