Ao longo deste mes de outubro de 2014, as bibliotecas de Torrecedeira e as centrais de Ourense e Pontevedra abrirán durante as mañás dos sábados en horario de 8:00 a 15:00 horas. A apertura xurde como un proxecto piloto cuxos resultados e impactos se avaliarán unha vez rematado.
Do mesmo xeito que durante os horarios de apertura extraordinaria co gallo dos períodos de exames, esta experiencia está enfocada a prestar únicamente servizos de espazo de estudo ou traballo e de consulta de materiais bibliográficos de libre acceso, pero non outros servizos bibliotecarios ordinarios como préstamo, préstamo interbibliotecario, referencia, etc.
Imaxe:baseada en CollegeDegrees360, Student with Pen, Flickr