13 xuño, 2011 | 11:57:00

Aperturas especiais de bibliotecas nos meses de xuño-xullo

Coa finalidade de apoiar ao alumnado da UVigo na preparación das probas de avaliación e exames correspondentes ao mes de xullo, a Biblioteca Universitaria anuncia a posta en marcha de aperturas especiais, tanto nocturnas como de fin de semana, a partir do próximo día 25 de xuño.

As aperturas nocturnas, que comezarán o luns 27 de xuño, terán lugar de luns a venres nas bibliotecas de Torrecedeira, Central de Ourense e Central de Pontevedra. Durante os días 27 ao 30 de xuño, estas bibliotecas permanecerán abertas ata as 03:00 h. da madrugada; do 1 ao 15 de xullo, as bibliotecas abrirán ata as 00:00 horas.

As aperturas de fin de semana desenvolveranse os sábados e domingos comprendidos entre o 25 de xuño e o 10 de xullo. As devanditas aperturas en fin de semana terán lugar nas bibliotecas de Torrecedeira, Central de Ourense e Central de Pontevedra, en horario de 08:00 a 22:00 horas. Como reforzo, a Biblioteca Central do Campus Lagoas-Marcosende (Vigo) abrirá nesas mesmas fins de semana entre as 09:00 e as 21:00 horas.

O luns día 11 de xullo, festa local en Pontevedra (S.Bieito), a Biblioteca Central do campus de Pontevedra abrirá en horario de 08:00 a 22:00 horas.

Imaxe: Fábio Francisco de Souza, "Memorização", Flickr, www.flickr.com/photos/fabiofco/391312073/

Publicado por GMG | Comentarios (0)
Archivado en horario
TAGS

Buscador

Post por Mes

"Blogs are like marriage. Once you start one, you are committed" (N. Wreden, 10 Rules for Corporate Blogs and Wikis

septiembre 2024
LMMXVSD
2627282930311
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30123456
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2024 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal