Como en cursos anteriores, con motivo dos exames do segundo cuadrimestre e da convocatoria de xullo, a Biblioteca Universitaria vén de poñer en marcha os horarios especiais de apertura, tanto de noites como de fins de semana.
Para a Biblioteca Universitaria, a medición da satisfacción dos seus usuarios e usuarias constitúe unha preocupación principal. Con esta finalidade, a Biblioteca desenvolveu o seu sistema de enquisas "PREME" que, desde xaneiro de 2010, se leva a cabo con periodicidade bimestral. Neste caso, para o período maio-xuño, a pregunta que se formula trata da percepción dos usuarios/as sobre o trato e atención que reciben do persoal bibliotecario.