O vindeiro xoves, 14 de abril, terá lugar desde as 16:00 h. na Biblioteca Central do campus Lagoas-Marcosende a actividade "Biblioteca humana" no marco do programa Ágora Xove, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia.
O evento inspírase no proxecto "Human Library", que xurdiu en Dinamarca hai anos e que utiliza as bibliotecas como espazos de diálogo e encontro para loitar contra a discriminación, os estereotipos e os prexuízos sobre as persoas. A biblioteca humana, en lugar de prestar libros, presta persoas reais: é unha biblioteca onde os libros son persoas e a lectura unha conversa.
Animamos a todas as persoas interesadas, en especial ao estudantado, a pasarse pola biblioteca humana e participar nos encontros con outras realidades sociais