O cuarto número do boletín Impacto está dedicado á relación de investigadores altamente citados segundo os datos da Web of Science para 2018. Clarivate analizou os artigos científicos publicados entre 2006 e 2016 incluídos en WoS, e seleccionou para cada un dos campos ESI (Essential Science Indicators) as persoas autoras dunha maior cantidade de artigos altamente citados (aqueles que se atopan no 1% máis citado no seu ámbito e ano de publicación, os denominados highly cited papers)...