20 xullo, 2009 | 11:41:00

Dispoñible o factor de impacto 2008 do Journal Citation Report

Infórmase á comunidade investigadora que no portal da FECYT de acceso á Web of Knowledge, xa está dispoñible a descarga do factor de impacto das revistas do Journal Citation Report (JCR).  O JCR ofrece datos estatísticos que permiten determinar a importancia relativa das revistas dentro das súas disciplinas ou categorías científicas (o factor de impacto da revista) desde o ano 1997 ata a actualidade.  Dividido en  dous subconxuntos (revistas de ciencias ou Science Citation Index, e revistas de ciencias sociais ou Social Science Citation Index), o JCR ofrece unha cobertura de máis de 7.600 publicacións editadas por máis de 3.000 editores de todo o mundo en aproximadamente 220 disciplinas científicas.

7 xullo, 2009 | 12:04:00

Pregunta ”PREME” de xullo: a satisfacción cos sistemas para informar das novidades da Biblioteca

A pregunta da enquisa "PREME" (unha pregunta ao mes) correspondente ao mes de xullo intenta coñecer o grao de satisfacción dos usuarios e usuarias cos sistemas que emprega a Biblioteca Universitaria (lista de correo ´avisos´, páxina web e blogdabiblio) para mantelos informados das novidades, cambios e demais cuestións de interese sobre o servizo bibliotecario.

TAGS

Buscador

Post por Mes

"Blogs are like marriage. Once you start one, you are committed" (N. Wreden, 10 Rules for Corporate Blogs and Wikis

julio 2009
LMMXVSD
293012345
6789101112
13141516171819
20212223242526
272829303112
3456789
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2024 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal