15 abril, 2015 | 10:22:00

Día internacional do libro

Para conmemorar o Día Internacional do Libro, un grupo de bibliotecarias e bibliotecarios da Universidade de Vigo organiza, a partir do día 20 de abril na biblioteca central do campus Lagoas-Marcosende (Vigo), a segunda edición dunha iniciativa que, baixo o nome de "Guerrilla laneira", xa se desenvolveu  na biblioteca no ano 2013

A iniciativa, que consiste en cubrir con pezas de lá calcetada o mobiliario e outros elementos do edificio da biblioteca,  basease no movemento de arte urbano coñecido como Yarnbombing, Yarnstorming, Guerrilla Knitting, Urban Knitting ou Graffiti Knitting que xurdiu en Holanda en 2004.  Máis información sobre a "guerrilla laneira" en Facebook.

Ademais, entre as actividades previstas para este Día do Libro, a escritora María Reimóndez acudirá como invitada á biblioteca para desenvolver a charla "Conversas con María Reimóndez". O evento terá lugar o mércores 22 de abril ás 13 h. na biblioteca central do campus Lagoas-Marcosende (Vigo). Cómpre salientar que a súa obra está ampliamente representada na colección da Biblioteca Universitaria.

A conmemoración do Día do libro complétase cunha exposición bibliográfica baixo o título de "Tecedoras de historias" que é  unha mostra de libros escritos por autoras galegas que estarán dispoñibles nos andeis da biblioteca central ata finais do vindeiro mes de maio.

Publicado por GMG | Comentarios (1)
Archivado en conmemoracións

comentarios

Na Biblioteca de Teleco o xoves 23 de abril tamén van conmemorar o Día do Libro dunha maneira especial. Ese día, as persoas usuarias que leven un libro en préstamo serán agasalladas cunha degustación do famoso Bandullo de Moaña, doce tradicional da zona do Morrazo. Ollo, ata fin de existencias!
Publicado por: pazc | 21/04/2015 23:48:01
TAGS

Buscador

Post por Mes

"Blogs are like marriage. Once you start one, you are committed" (N. Wreden, 10 Rules for Corporate Blogs and Wikis

octubre 2024
LMMXVSD
30123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031123
45678910
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2024 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal