Con motivo do recente terremoto de Haití, na Biblioteca Universitaria da UVigo estase a organizar un mercadillo solidario de libros. Os cartos recadados coas ventas doaranse integramente á Cruz Vermella. Co obxectivo de implicar á comunidade universitaria, a Biblioteca invita a participar a todos e todas na iniciativa: solidarízate con Haití; participa e lé!
Baixo o título "Radiografía do Medo" a Biblioteca Central do campus de Pontevedra acolle nestes días unha mostra de mail art na que 137 artistas de todo o mundo amosan a súa visión persoal desa emoción universal chamada medo...
Co inicio do novo ano, a Biblioteca Universitaria formula unha nova pregunta aos seus usuarios coa finalidade de coñecer mellor a súa opinión e grao de satisfacción. Nesta ocasión a pregunta da enquisa PREME (unha pregunta ao mes) trata dos horarios da Biblioteca.
Como resultado da auditoría externa practicada por DNV (Det Norske Veritas) os días 11 e 12 de novembro deste ano, a Biblioteca Universitaria obtivo a re-certificación do seu sistema de xestión da calidade baixo a norma ISO 9001. A certificación, válida para un período de 3 anos, foi lograda por primeira vez en decembro de 2006. Agora, neste segundo proceso, non só se facía necesario certificar de novo o sistema, senón facelo segundo a nova versión da norma 9001 aprobada pola Organización Internacional para a Estandarización (ISO) en 2008.
Coa chegada do derradeiro mes do ano 2009, a Biblioteca, dentro do seu empeño por pulsar a opinión dos seus usuarios e usuarias, lanza a pregunta anual sobre o grao de satisfacción xeral cos servizos bibliotecarios.