Hoxe pola mañá foi presentado Investigo, o repositorio institucional de acceso aberto da Universidade de Vigo. A presentación, con presenza da Vicerreitora de Investigación e Transferencia e do Vicerreitor de Economía e Planificación, quedou a cargo do Director da Biblioteca Universitaria, Gerardo Marraud, quen na súa intervención trazou as liñas xerais do movemento do acceso aberto e fixo unha síntese da historia e alcance do proxecto do novo repositorio.
Para prestar apoio ao estudantado na preparación dos exames do segundo cuadrimestre, a Biblioteca Universitaria ten programado a partir do vindeiro 23 de abril o seguinte calendario de aperturas nocturnas e de fin de semana...
O vindeiro xoves, 14 de abril, terá lugar desde as 16:00 h. na Biblioteca Central do campus Lagoas-Marcosende a actividade "Biblioteca humana" no marco do programa Ágora Xove, da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia.