Para sumarse á conmemoración do "Día Internacional dos dereitos da infancia" na Facultade de Ciencias da Educación, a biblioteca central do Campus de Pontevedra organiza unha exposición sobre os dereitos da infancia no cine e na literatura. A mostra recolle filmes e libros seleccionados polo persoal entre os fondos da Biblioteca Universitaria.