12 xaneiro, 2012 | 14:43:00

Enquisa PREME de xaneiro-febreiro 2012: o servizo de préstamo

Co novo ano, a Biblioteca inicia unha nova campaña de recollida de enquisas de satisfacción dos seus usuarios e usuarias (enquisa PREME).  Coa finalidade de coñecer a opinión da comunidade universitaria sobre outros servizos e áreas de actividade da Biblioteca, as enquisas deste ano tratarán doutros aspectos distintos aos ata agora contemplados.  Para comezar, a pregunta correspondente a xaneiro-febreiro de 2012 trata da satisfacción co servizo de préstamo de libros...

13 decembro, 2011 | 14:10:00

Calendario de aperturas especiais en xaneiro 2012

Con ocasión da convocatoria de exames e probas de avaliación do primeiro período (do 10 ao 21 de xaneiro de 2012) de acordo co calendario escolar deste curso aprobado polo Consello de Goberno da UVigo, a Biblioteca Universitaria vai levar a cabo a ampliación dos seus horarios de apertura nos campus de Vigo, Ourense e Pontevedra a partir do vindeiro 7 de xaneiro...

Publicado por GMG | Comentarios (1)
Archivado en UVigo , horario
14 novembro, 2011 | 10:00:00

Aperturas especiais de bibliotecas para os exames de decembro

Co gallo dos exames de fin de carreira e da convocatoria de decembro nas titulacións a extinguir, a Biblioteca Universitaria pon en marcha os seus horarios especiais de apertura desde o vindeiro día 21 de novembro ata o 2 de decembro...

Publicado por GMG | Comentarios (2)
Archivado en horario , UVigo
8 novembro, 2011 | 12:56:00

Enquisa PREME de novembro-decembro: a satisfacción xeral coa Biblioteca

De acordo coa súa programación da enquisa PREME que intenta recoller a opinión dos usuarios e usuarias sobre o servizo que reciben da Biblioteca Universitaria, ao longo destes meses de novembro e decembro, a Biblioteca vai formular a súa pregunta anual sobre o grao de satisfacción xeral cos seus servizos...

3 outubro, 2011 | 11:39:00

”IEEE Training” organizado polo Consorcio Bugalicia (venres, 7 de outubro)

O IEEE, xunto co Consorcio Bugalicia, organiza o vindeiro venres, dia 7 de outubro, un "IEEE Training" dirixido a profesores, alumnos/as e persoal bibliotecario das tres universidades galegas interesados en coñecer con máis profundidade a base de datos e as publicacións de IEL Xplore.  A xornada, que terá lugar no Salón de Actos da Escola Técnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela (campus sur), comezará ás 10:30 h.


<< < 20 21 22 23 24 25 26 27 28 > >>
Amosando páxina 24 de 196 rexistros

TAGS
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2025 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal