25 abril, 2008 | 12:27:00

Máis sobre o futuro das bibliotecas universitarias

O diario británico The Guardian publicou recentemente un suplemento sobre a evolución futura das bibliotecas universitarias: "Libraries unleashed".

22 abril, 2008 | 10:08:00

23 de abril, Día do Libro

Co gallo do Día do Libro, a Sección de Adquisicións da Biblioteca Universitaria organizou unha sinxela exposición sobre "O libro no libro". A mostra componse dunha selección de novelas e libros de ficción cuio argumento xira ao redor do libro: dende 84, Charing Cross Road de Helene Hanff, á última novela de Carlos Ruiz Zafón, O xogo do anxo, pasando por títulos xa inmortales como O nome da rosa ou A historia interminable.

21 abril, 2008 | 13:26:00

62 enciclopedias en liña da editorial Sage a proba ata o 31 de maio

Ata o vindeiro 31 de maio a Biblioteca Universitaria pon a disposición da comunidade universitaria o acceso a 62 enciclopedias-e da editorial Sage sobre Xeografía, Historia, Criminoloxía, Psicología, Socioloxía, Antropoloxía, Educación, Economía, Política, Comunicación, Medioambiente,etc.

18 abril, 2008 | 13:38:00

O FUTURO DAS BIBLIOTECAS UNIVERSITARIAS

A Association of College & Research Libraries (ACRL) norteamericana publicou o pasado mes de xaneiro o estudo The ACRL Environmental Scan 2007 sobre o que, ao seu xuízo, vai ser o traballo dos/as bibliotecarios/as e as funcións  das bibliotecas universitarias nun futuro próximo. Máis específicamente sinala dez liñas mestras (as "Top Ten Assumptions for the Future of Academic Libraries and Librarians")…

17 abril, 2008 | 23:15:00

UNIVERSIADA 2013

Vigo, cidade candidata.

15 abril, 2008 | 13:56:00

Novos títulos de revistas-e en Sage Journals Online

O portal de revistas-e SAGEJOURNALS Online, contratado pola Biblioteca Universitaria, ampliou a súa colección con nove títulos novos sobre Educación, Ciencias da Saúde e Psicoloxía.

11 abril, 2008 | 15:42:00

Accesibles dúas novas bases de datos: GreenFILE e TRC

O provedor de revistas e bases de datos da Biblioteca Universitaria, EBSCO, ofrece a través da súa plataforma EBSCOhost acceso a dúas bases de datos gratuítas: GreenFILE sobre medioambiente e Teacher Reference Center (TRC) sobre temas educativos.

3 abril, 2008 | 15:01:00

Máis títulos incluidos no Project Muse en 2008

O portal de revistas-e Project Muse (Premium Collection) contratado pola Biblioteca Universitaria incorporou outros tres títulos máis a colección do 2008: IEEE Annals of the History of Computing da IEEE Computer Society, Journal of Film and Video da University of Illinois e Contagion: Journal of Violence, Mimesis, and Culture da Michigan State University.

1 abril, 2008 | 10:22:00

Dispoñibles novas revistas-e en Project Muse

TAGS

Buscador

Post por Mes

"Blogs are like marriage. Once you start one, you are committed" (N. Wreden, 10 Rules for Corporate Blogs and Wikis

abril 2008
LMMXVSD
31123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
2829301234
567891011
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2025 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal