Esta mañá foi inaugurada oficialmente a nova biblioteca de ciencias experimentais no campus de Lagoas-Marcosende (Vigo) polo Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez Abad. Acompañaban ao Conselleiro, o Reitor da Universidade de Vigo, a Delegada Territorial da Xunta en Vigo e outras autoridades e personalidades autonómicas, locais e universitarias.
Co inicio do novo curso, a Biblioteca Universitaria retoma o seu programa "PREME" de enquisas mensuais dixitais para coñecer o grao de satisfacción dos seus usuarios e usuarias. Despois do paréntese dos meses de agosto e setembro, a Biblioteca lanza neste mes de outubro unha nova pregunta sobre a opinión dos usuarios co catálogo da Biblioteca.