Ante a chegada do período de exames de decembro, a Biblioteca Universitaria pon en marcha unha nova programación de aperturas especiais nos tres campus a partir do vindeiro 24 de novembro e ata o 20 de decembro...
Coa chegada do final do ano 2012, a Biblioteca Universitaria, dentro do seu interese por coñecer a opinión do seu público, formula a súa pregunta anual da enquisa PREME sobre o grao de satisfacción xeral cos seus servizos. Esta enquisa constitúe un elemento máis da filosofía de mellora continua do sistema de xestión da calidade da Biblioteca. Por iso, prégase aos usuarios e ás usuarias que colaboren nela respondendo de forma completamente anónima á pregunta En xeral, está satisfeito/a co servizo da Biblioteca Universitaria?
Onte tivo lugar, na Reitoría do campus Lagoas-Marcosende (Vigo), a entrega do certificado do sistema de xestión ambiental, baixo a norma ISO 14001, concedido por AENOR ás tres Bibliotecas centrais dos campus de Ourense, Vigo e Pontevedra. No ano 2011 a UVigo puxo en marcha unha iniciativa dirixida a implantar un sistema de xestión ambiental segundo a norma ISO 14001. A iniciativa, inscrita no marco do Plan SUMA, está liderada pola OMA (Oficina de Medio Ambiente) da UVigo e conta co respaldo da Vicerreitoría de Economía e Planificación, a Xerencia e o Departamento Técnico de Obras, Instalacións e Infraestruturas...
Xa está dispoñible en Bubela a convocatoria da 3ª edición do curso "Máis alá de Google: como buscar e xestionar información para un traballo académico" organizado pola Biblioteca Universitaria...
Ultimamente hai certo alboroto na Biblioteca Central do Campus de Vigo. Á aparición dun primeiro "cadáver" cunha enorme mensaxe que dicía "proximamente aquí haberá moito que investigar", seguiu un segundo. Esta vez, unha muller caía aos pés da escaleira (os impactos das balas que acabaron con "ela", a silueta pintada pola policía e o rastro de sangue que deixou, aínda poden verse). A sombra de Hitchcock asoma tras os cristais dun lucernario, e cada día, manchas de sangue aparecen sobre as mesas… Fálase "Dun cadáver na biblioteca…