22 maio, 2008 | 16:20:00

Descubre cómo publicar en Tetrahedron e outras revistas científicas

A Biblioteca Universitaria e a Vicerreitoría de Investigación da Universidade de Vigo, en colaboración coa editorial científica Elsevier, organizan un encontro entre investigadores do ámbito da Química e editores de revistas de alto índice de impacto. Baixo o título "Descubre como publicar en Tetrahedron e outras revistas científicas", o encontro vai ter lugar o vindeiro 5 de xuño de 2008. A Biblioteca comprácese en invitar a cantos investigadores (especialmente da área da Química) estean interesados en asistir (prégase confirmen a asistencia a  incidenbiblio@uvigo.es).

15 maio, 2008 | 15:03:00

A Biblioteca colabora na integración sociolaboral de xoves discapacitados

En xaneiro de 2007 a Universidade de Vigo asinou un convenio de colaboración coa Fundación INTEGRA para levar a cabo un programa de prácticas de carácter formativo para persoas con discapacidades intelectuais. No programa, canalizado a través da Oficina do Voluntariado da UVigo, participa desde o verán de 2007 a Biblioteca Universitaria.

2 maio, 2008 | 11:11:00

Apertura de bibliotecas polas noites e en fin de semana en maio e xuño

Co gallo do período de exames ordinarios do segundo cuadrimestre recollido no calendario escolar do curso 2007-2008 aprobado polo Consello de Goberno, a Biblioteca Universitaria programou horarios de apertura en noites e fins de semana para os tres campus nas seguintes bibliotecas: Biblioteca de Torrecedeira en Vigo, Biblioteca Central de Ourense e Biblioteca Central de Pontevedra.

TAGS

Buscador

Post por Mes

"Blogs are like marriage. Once you start one, you are committed" (N. Wreden, 10 Rules for Corporate Blogs and Wikis

mayo 2008
LMMXVSD
2829301234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930311
2345678
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2024 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal