O novo número do boletín Impacto está dedicado ao número de citas e impacto normalizado que acadan en WOS os artigos publicados por membros da Universidade de Vigo entre 2009 e 2018. Este boletín recolle unha escolma dun traballo máis amplo, elaborado pola Área de Servizos Bibliométricos da Biblioteca Universitaria, que se pode consultar na guía de Informes e estudos bibliométricos...
A Biblioteca Universitaria organiza varios obradoiros nos tres campus sobre creación e xestión do perfil de investigador ORCID (nivel inicial). ORCID (Open Researcher & ContributorID) é un proxecto sen ánimo de lucro que ofrece un identificador único de 16 díxitos para os autores e autoras de publicacións científicas, pero á vez é un espazo para rexistrar os seus datos e traballos e, se se desexa, compartilos coa comunidade científica...