Organizado pola Biblioteca Universitaria, vaise celebrar a comezos do vindeiro ano 2014 unha nova edición do curso en liña "Máis alá de Google. Como buscar e xestionar información para un traballo académico". O curso, que está recoñecido con 2 créditos de libre elección e 1 crédito ECTS, desenvolverase do 21 de xaneiro ao 23 de febreiro de 2014...