Para conmemorar o Día Internacional do Libro un grupo de bibliotecarias e bibliotecarios da Universidade de Vigo leva a cabo estes días na Biblioteca Central do campus Lagoas-Marcosende (Vigo) unha iniciativa baixo o nome de "Guerrilla laneira". A iniciativa consiste en cubrir con pezas de lá calcetada o mobiliario e outros elementos do edificio da biblioteca como papeleiras, portas, varandas, andeis, directorios e ata alfombriñas para os ratos dos ordenadores...
A actividades basease no movemento de arte urbano coñecido con nomes como Yarnbombing, Yarnstorming, Guerrilla Knitting, Urban Knitting ou Graffiti Knitting que xurdiu en Holanda en 2004.
Máis información sobre a guerrilla laneira en Facebook ou no DUVI