O vindeiro luns, 23 de xaneiro, comeza a primeira edición do curso virtual "Máis alá de Google. Como buscar e xestionar información para un traballo académico", organizado pola Biblioteca Universitaria. O curso conta cun recoñecemento de dous créditos de libre elección e un crédito ECTS. Dada a boa acollida desta edición e o interese que despertou entre a comunidade universitaria, organizaremos unha próxima edición do curso entre o 9 de abril e o 11 de maio de 2012 que se anunciará no mes de marzo na plataforma Bubela.
Dende aquí, agradecervos a vosa participación e interese.
Foto: The Next Web, "Laptops working intermet", en www.flickr.com/photos/thenextweb/4560099183/