Logo dos traballos conxuntos co Consorcio Bugalicia e as bibliotecas das universidades galegas, xa está dispoñible a nova versión de Pórtico, o buscador de recursos electrónicos da Biblioteca Universitaria. Nestes momentos, a través do buscador pódense atopar as revistas e os libros electrónicos e acceder ao listado de bases de datos da biblioteca...
A Biblioteca Universitaria vai ofrecer próximamente unha nova edición do curso "Máis alá de Google: como buscar e xestionar información para un traballo académico" dirixido ao alumnado da UVigo. Como en anteriores edicións, este curso conta co recoñecemento de 2 créditos de libre elección e 1 crédito ECTS...
A Biblioteca Universitaria ofrece un curso virtual (Faitic) en competencias informacionais para o alumnado de 1º grao. Este curso xurde no marco do convenio UniCI2 coa finalidade de facilitar ao alumnado da UVigo a adquisición de competencias básicas na busca, avaliación e uso da información...
Coa finalidade de atender as necesidades de espazos de estudo e preparación dos exames das titulacións de Enxeñería Industrial a celebrar no campus de Vigo desde o 7 ao 11 de xaneiro de 2013, a Biblioteca Universitaria programou unha ampliación das aperturas nocturnas e de fin de semana nese campus...
Notificáse que o metabuscador Pórtico deixará de estar operativo definitivamente desde o vindeiro martes 27 de novembro de 2012. A partir dese momento as buscas de información terán que facerse directamente dende as bases de datos, portais de libros-e e portais de revistas-e...