14 novembro, 2011 | 10:00:00

Aperturas especiais de bibliotecas para os exames de decembro

Co gallo dos exames de fin de carreira e da convocatoria de decembro nas titulacións a extinguir, a Biblioteca Universitaria pon en marcha os seus horarios especiais de apertura desde o vindeiro día 21 de novembro ata o 2 de decembro...

Estes horarios especiais inclúen, por unha banda, os horarios nocturnos das bibliotecas de Torrecedeira, Central de Ourense e Central de Pontevedra, que permanecerán abertas de luns a venres ata as 03:00 h. da madrugada, entre o 21 de novembro e o 2 de decembro.

Por outra banda, as aperturas de fin de semana (sábados e domingos comprendidos entre o 19 e o 27 de novembro) desenvolveranse tamén nas bibliotecas de Torrecedeira, Central de Ourense e Central de Pontevedra, cun horario ininterrompido de 08:00 a 22:00 horas. Como reforzo, a Biblioteca Central do campus Lagoas-Marcosende (Vigo) abrirá os mesmos fins de semana desde as 09:00 ata as 21:00 horas.

Na páxina web da Biblioteca Universitaria, apartado Información Xeral-Novidades, pode atoparse a táboa dos horarios.

Publicado por GMG | Comentarios (2)
Archivado en horario , UVigo

comentarios

Bo día: Ata o 22 de decembro inclusive, estas bibliotecas abren ao público en horario ordinario de 8:30 a 21 h (luns a venres, días laborais). No período non lectivo de Nadal, de acordo co calendario oficial aprobado polo Consello de Goberno da Universidade, o horario é de luns a venres , de 9:00 a 19:00h. O horario especial de fin de semana polos exames comezará o sábado 7 de xaneiro (anunciarase nos vindeiros días).
Publicado por: pazc | 07/12/2011 19:01:25
Hola! por favor, podrían especificar cuales son los horarios de las bibliotecas (concretamente Torrecedeira y Lagoas-Marcosende) durante el mes de diciembre? Supongo que tendrás horarios especiales para los alumnos de Bolonia que tenemos examenes en Enero, no? Gracias
Publicado por: lauE | 05/12/2011 21:55:19
TAGS
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2024 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal