12 xaneiro, 2012 | 14:43:00

Enquisa PREME de xaneiro-febreiro 2012: o servizo de préstamo

Co novo ano, a Biblioteca inicia unha nova campaña de recollida de enquisas de satisfacción dos seus usuarios e usuarias (enquisa PREME).  Coa finalidade de coñecer a opinión da comunidade universitaria sobre outros servizos e áreas de actividade da Biblioteca, as enquisas deste ano tratarán doutros aspectos distintos aos ata agora contemplados.  Para comezar, a pregunta correspondente a xaneiro-febreiro de 2012 trata da satisfacción co servizo de préstamo de libros...

O servizo de préstamo está suxeito a unha regulación que se recolle na Normativa de préstamo aprobada pola Xunta de Goberno e accesible a través da páxina web da Biblioteca Universitaria (sección Información xeral-Novidades).  Na norma fíxanse os principais aspectos do servizo como, por exemplo, o número de obras que se poden obter en préstamo, os seus prazos, a posibilidade de renovacións, etc.

Participa na enquisa e axuda á Biblioteca a seguir mellorando!  Está vostede satisfeito/a co servizo de préstamo?

FOTO: Bram de Jong, www.flickr.com/photos/bramdejong/213129174/

Publicado por GMG | Comentarios (0)
Archivado en enquisas , préstamo
TAGS
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2024 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal