Como apoio ao alumnado durante o período de exames de xullo, a Biblioteca Universitaria vai pór en marcha unha modalidade especial de préstamo para os/as estudantes de grao e de 1º e 2º ciclo. Esta nova modalidade, que comezará a partir do vindeiro luns, día 4 de xuño, permite ter libros e materiais en préstamo ata como máximo o 18 de xullo.
O 18 de xullo é, polo tanto, a data tope para a devolución destes préstamos obtidos polo alumnado grazas á nova modalidade. Para máis información sobre o préstamo e a súa regulación pode consultarse, na páxina web da Biblioteca, o seguinte enlace: normativa de préstamo.
Foto: o5com, "Girl Reading", en Flickr