3 maio, 2013 | 11:07:00

5ª EDICIÓN DO CURSO ”MÁIS ALÁ DE GOOGLE”

Unha vez máis a Biblioteca Universitaria pon en marcha unha nova edición do curso en liña "Máis alá de Google" recoñecido con 2 créditos de libre elección e 1 crédito ECTS. Este curso está orientado ao alumnado da universidade interesado en profundizar nos coñecementos e ferramentas que lle permitan ser autónomo no acceso, uso e xestión da información, e poder así afrontar con éxito traballos académicos ou de investigación...

Publicado por GMG | Comentarios (0)
Archivado en cursos
30 abril, 2013 | 09:14:00

Campaña a prol da lectura na biblioteca de Telecomunicación

Na biblioteca de Teleco comezamos o pasado 24 de abril unha sinxela campaña de fomento da lectura. A iniciativa pretende perdurar no tempo o máis posible e amosar ao público que nas bibliotecas da universidade temos moito máis que manuais para as materias de estudo e as bibliografías recomendadas.

23 abril, 2013 | 10:22:00

Día Internacional do Libro

Para conmemorar o Día Internacional do Libro un grupo de bibliotecarias e bibliotecarios da Universidade de Vigo leva a cabo estes días na Biblioteca Central do campus Lagoas-Marcosende (Vigo) unha iniciativa baixo o nome de "Guerrilla laneira".  A iniciativa consiste en cubrir con pezas de lá calcetada o mobiliario e outros elementos do edificio da biblioteca como papeleiras, portas, varandas, andeis, directorios e ata alfombriñas para os ratos dos ordenadores...

26 marzo, 2013 | 12:55:00

Aperturas especiais de bibliotecas para os exames do segundo cuadrimestre

Para facilitar ao alumnado a preparación dos exames do segundo cuadrimestre deste curso 2012-13, a Biblioteca Universitaria vai desenvolver a partir do vindeiro 13 de abril a súa programación de aperturas especiais de bibliotecas nos tres campus.  As datas e horarios das aperturas son os seguintes...

Publicado por GMG | Comentarios (1)
Archivado en horario
27 febreiro, 2013 | 14:03:00

Lanzamento da nova web da Biblioteca Universitaria

A Biblioteca Universitaria lanza hoxe a súa nova web cun deseño máis visual e dinámico que, ademais, trata de favorecer a usabilidade web.  O obxectivo principal do novo portal é que usuarios e usuarias poidan atopar a información da forma máis intuitiva e natural posible.  Para iso identificáronse seis bloques principais que permiten categorizar toda a información referente á Biblioteca: "Buscar", "Servizos", "Bibliotecas", "Sobre a Biblioteca Universitaria", "Blogdabiblio" e "Arquivo Universitario"...

Publicado por GMG | Comentarios (0)
Archivado en web

<< < 15 16 17 18 19 20 21 22 23 > >>
Amosando páxina 19 de 196 rexistros

TAGS
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2025 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal