7 maio, 2012 | 13:24:00

ENQUISA PREME DE MAIO-XUÑO 2012: SATISFACCIÓN COA ATENCIÓN ÁS SUXESTIÓNS DE COMPRA

Co inicio do mes de maio, compre efectuar una nova pregunta no marco da enquisa de satisfacción cos servizos que presta a Biblioteca Universitaria.  Neste caso, a pregunta trata sobre a atención das suxestións de adquisición de libros e outros materiais bibliotecarios que fan os/as usuarios/as da Biblioteca...

Neste sentido hai que lembrar que o público pode suxerir ou propoñer a adquisición de libros, materiais audiovisuais, etc. a través de diversas canles como a caixa de suxestións do catálogo, o envío de mails ou, para o PDI, os formularios web.  Na medida das súas posibilidades orzamentarias, a Biblioteca tratará de atender as devanditas suxestións. Máis información sobre as adquisicións bibliográficas na páxina web da Biblioteca.

A Biblioteca agradece ao seu público a participación na enquisa:  Está vostede satisfeito/a coa atención que se dá ás suxestións de compra de libros e outros materiais?"

FOTO: Horia Varlan, "Spanish dictionary pages up into the air", en Flickr.

TAGS
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2024 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal