Logo das deliberacións na reunión celebrada hoxe, día 21 de xuño, o xurado encargado de resolver o concurso para elixir o nome do repositorio institucional da UVigo, fallou a favor da proposta presentada por Paz de la Peña Santos, membro do PAS da área de Biblioteca. O nome finalmente seleccionado foi "INVESTIGO"...
A Dirección da Biblioteca Universitaria felicita á ganadora á que nos vindeiros días farase entrega do premio consistente nun iPad patrocinado por Ebsco Subscription Services España. Do mesmo xeito quere transmitir o seu agradecemento ás 74 persoas participantes nas que houbo representación de todos os colectivos da comunidade universitaria. En total foron presentados ata 267 nomes para o repositorio. Grazas a todos e todas pola súa participación.