Coa chegada do novo período de exames do mes de xullo, a Biblioteca Universitaria vai pór en marcha máis horarios especiais de apertura de bibliotecas. Estes horarios, nocturnos e de fin de semana, empezarán o vindeiro sábado 23 de xuño. As aperturas nocturnas terán lugar de luns a venres nas bibliotecas de Torrecedeira, central de Ourense e central de Pontevedra. O horario nocturno comezará o luns 25 de xuño e rematará o venres 13 de xullo...
Pola súa banda, as aperturas de fin de semana terán lugar nesas mesmas bibliotecas aínda que con datas diferentes. Nas bibliotecas centrais de Ourense e Pontevedra, as aperturas de fin de semana desenvolveranse dende o sábado 23 de xuño ata o domingo 8 de xullo cun horario de 8 a 22 horas. A maiores, durante o día 11 de xullo, festivo na cidade de Pontevedra, a biblioteca central do campus de Pontevedra abrirá tamén de 8 a 22 horas.
No campus de Vigo, por mor da ampliación autorizada dos exames das titulacións das enxeñarías, a apertura de fin de semana estenderase ata o 15 de xullo. Deste xeito, a biblioteca de Torrecedeira abrirá durante as fins de semana comprendidas entre o sábado 23 de xuño e o domingo 15 de xullo en horario de 8 a 22 horas. Como reforzo a biblioteca central do campus Lagoas-Marcosende (Vigo) abrirá nesas mesmas fins de semana en horario de 9 a 21 horas.
Foto: Hilde Skjølberg, "Minimalism-outtake" en Flickr.