Co novo ano chega unha nova pregunta da enquisa PREME de satisfacción dos usuarios coa Biblioteca. Así, ao longo de xaneiro e febreiro preguntarase sobre o grao de satisfacción cos edificios e instalacións das bibliotecas.
Na actualidade, a rede de centros bibliotecarios da UVigo está composta por once bibliotecas: as bibliotecas centrais de Vigo, Ourense e Pontevedra, a biblioteca de Torrecedeira en Vigo, a biblioteca de Belas Artes en Pontevedra e as bibliotecas de Ciencias Xurídicas, Económicas, Filoloxía e Tradución, Telecomunicación, Industriais-Minas e Ciencias Experimentais todas elas no campus Lagoas-Marcosende (Vigo).
A Biblioteca anima aos seus usuarios e usuarias a responder a esta pregunta que estará dispoñible ata o 28 de febreiro: Parécenlle satisfactorios os edificios das bibliotecas da UVigo (confort, amplitude, limpeza, postos de estudo)?