25 abril, 2012 | 14:48:00

Concurso para o nome do repositorio institucional da UVigo

A UVigo vai pór en marcha un repositorio institucional de acceso aberto para difundir e preservar a documentación producida polos seus investigadores e investigadoras. Neste marco, a universidade, a través da Biblioteca Universitaria, lanza unha convocatoria de concurso, aberta a toda a comunidade universitaria, para elixir o nome deste repositorio.  O obxecto do concurso é atopar un nome que identifique inequivocamente ao repositorio da UVigo e favoreza a súa visibilidade. O prazo de presentación de propostas comeza o 25 de abril de 2012 e rematará ás 22:00 horas do día 25 de maio de 2012. O/A autor/a da proposta elixida polo xurado recibirá como premio un iPad2 patrocinado por EBSCO Subscription Services España...

As bases do concurso poden consultarse na páxina web da Biblioteca.

Se queres saber mais sobre o acceso aberto, podes empezar pola Wikipedia, visitar algúns dos enlaces que máis abaixo se indican, ou buscar ti mesmo/a pola web:

- libro de Ernest Abadal, "Acceso abierto a la ciencia", publicado en xaneiro de 2012

- blog de Peter Suber, Open access news e enlace ao seu artigo sobre o acceso aberto (en inglés)

- blog de Stevan Harnad, Open Access Archivangelism  (en inglés)

- blog Conocimiento Abierto, da Universitat Autònoma de Barcelona

- portal AccesoAbierto.net, do grupo de investigación "Acceso abierto a la ciencia"

- FAQ sobre el acceso abierto a la literatura científica, por Daniel Torres-Salinas, outubro de 2011

Colabora co acceso aberto, non deixes de participar no concurso!

TAGS
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2024 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal