10 abril, 2012 | 13:28:00

Horarios especiais de apertura de bibliotecas para maio-xuño 2012

Con obxecto de facilitar ao alumnado a preparación das probas de avaliación e exames de maio-xuño, a Biblioteca Universitaria programou aperturas especiais a partir do sábado 5 de maio...

As aperturas nocturnas desenvolversanse, como de costume, nas bibliotecas de Torrecedeira, central de Ourense e central de Pontevedra, que permanecerán abertas, de luns a venres, ata as 3 da madrugada.  O horario nocturno comezará o luns 7 de maio e rematará o venres 1 de xuño.

As aperturas de fin de semana terán lugar nas devanditas bibliotecas entre o sábado 5 de maio e o domingo 27 do mesmo mes cun horario ininterrompido de 8 a 22 horas.  Do mesmo xeito, a biblioteca central do campus Lagoas-Marcosende (Vigo) abrirá como reforzo durante esas mesmas fins de semana en horario de 9 a 21 horas.  Estas catro bibliotecas abrirán con ese horario o xoves, 17 de maio, día das letras galegas, festivo en Galicia.

A maiores, debido á ampliación autorizada dos exames das titulacións das enxeñarías do campus de Vigo, as bibliotecas de Torrecedeira e central do campus Lagoas-Marcosende abrirán durante a fin de semana do 2-3 de xuño nos horarios arriba indicados.

Foto: Calebcherry, Study Time, en Flickr.

Publicado por GMG | Comentarios (0)
Archivado en horario
TAGS
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2024 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal