22 xuño, 2010 | 09:14:00

Lecturas refrescantes: a túa biblioteca tamén no verán

Achégase o verán e a Biblioteca da Facultade de Filoloxía e Tradución, no campus Lagoas-Marcosende (Vigo) vos propón unha selección de lectura refrescantes.  Desde Margaret Atwood a Amin Maalouf ou Domingo Villar, pasando por libros de cine, cómics ou guías de viaxes, unha boa colección de títulos atópanse a túa disposición na biblioteca tamén en verán.

Achégate á biblioteca. Neste verán tes unha boa oportunidade de gozar coa lectura... Ademais, xa que desde o 17 de xuño está aberto o prazo especial de préstamo de verán, a data de devolución destes libros pode chegar ata o vindeiro 10 de setembro.

Para mais información consulta o tríptico

Publicado por GMG | Comentarios (2)
Archivado en expos

comentarios

As nosas compañeiras da Biblioteca de Filoloxía e Tradución envían a seguinte mensaxe: " Acabamos de descolgar o último libro do punto de interés-exposición "lecturas refrescantes..." Cremos que tivo unha boa acollida así que ameazamos con organizar algo novo para este outono no que precisaremos da vosa colaboración".
Vos esperamos!
Publicado por: pazc | 01/09/2010 9:11:50
Enhoraboa e grazas a bibblioteca de Filolox. pola refrescante lectura. Animar a ler aos que rematan o curso, e a os que nos imos de vacacións
Publicado por: Nikita | 19/07/2010 10:26:07
TAGS
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2024 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal