3 maio, 2010 | 14:50:00
Enquisa PREME: a satisfacción co trato e atención recibido do persoal
Para a Biblioteca Universitaria, a medición da satisfacción dos seus usuarios e usuarias constitúe unha preocupación principal. Con esta finalidade, a Biblioteca desenvolveu o seu sistema de enquisas "PREME" que, desde xaneiro de 2010, se leva a cabo con periodicidade bimestral. Neste caso, para o período maio-xuño, a pregunta que se formula trata da percepción dos usuarios/as sobre o trato e atención que reciben do persoal bibliotecario.
No anterior bimestre (marzo-abril) , a pregunta versou sobre o grao de satisfacción cos edificios das bibliotecas. A pregunta foi iniciada en 340 ocasións, aínda que a porcentaxe de enquisas completadas foi dun 44% (150 preguntas respondidas). Por colectivos foi o alumnado de 1º-2º ciclo/grao o que máis respondeu (51% do total de respostas obtidas), seguido polo PDI (24%), o PAS (10%), o alumnado de 3º ciclo/posgrao (9%) e os usuarios externos (6%). O nivel medio de satisfacción expresado por este conxunto de usuarios/as cos edificios foi de 3,75 sobre 5. A Biblioteca agradece a todos eles a súa participación.
Ao longo destes meses de maio y xuño vai estar a disposición do público a pregunta
"está satisfeito/a co trato e atención que recibe do persoal da biblioteca?". Unha vez máis a
Biblioteca solicita a colaboración de todos e anima a responder á enquisa. De igual forma, coa finalidade de obter resultados máis representativos, prega aos que respondan á enquisa que se aseguren de que completan a mesma. Para iso, unha vez respondidas as preguntas (e, no seu caso, tras formular suxestións), hai que premer no botón "entregar enquisa" para completala.