O Consorcio Bugalicia acaba de lanzar un vídeo-titorial no que se explican as funcionalidades do metabuscador de recursos electrónicos Pórtico e do xestor de enlaces SFX. O vídeo, cunha duración aproximada de 15 minutos, mostra como buscar en varios recursos-e á vez (bases de datos, revistass-e, repositorios...) e acceder, no seu caso, ao texto completo das revistas-e e dalgunhas coleccións de libros electrónicos ou e-books.
O metabuscador Pórtico foi posto en marcha grazas á colaboración das tres universidades galegas e o Consorcio Bugalicia en abril de 2009. Ademais do vídeo, existen guías de uso de Pórtico elaboradas por Bugalicia e a propia Biblioteca da UVigo. Pola súa banda, o xestor de enlaces SFX, compemento de Pórtico, conta tamén cunha guía de uso e una FAQ.