Con ocasión dos exames de setembro, a Biblioteca Universitaria pon en marcha horarios especiais de apertura de noites e de fins de semana...
As aperturas das fins de semana desenvolveranse entre o sábado 21 de agosto e o domingo 5 de setembro. Estas aperturas teñen lugar nas bibliotecas de Torrecedeira (Vigo), Central de Ourense e Central de Pontevedra cun horario de 09:00 h. a 19:00 h. durante o mes de agosto, e de 08:00 a 22:00 horas durante o mes de setembro. Como reforzo, durante as mesmas datas ábrese tamén a Biblioteca Central do campus Lagoas-Marcosende (Vigo) cun horario de 09:00 a 19:00 horas durante as fins de semana do mes de agosto, e de 09:00 a 21:00 horas nas fins de semana correspondentes a setembro.
Doutra banda, a partir do 16 de agosto (e do 17 en Vigo), e ata o vindeiro venres 10 de setembro, a Biblioteca Universitaria leva tamén a cabo aperturas nocturnas nas bibliotecas de Torrecedeira, Central de Ourense e Central de Pontevedra. Estas aperturas pola noite organízanse de acordo cos seguintes horarios (de luns a venres):
- Agosto: bibliotecas de Torrecedeira, Central de Ourense e Central de Pontevedra, ata as 00:00 h. da madrugada;
- Setembro: bibliotecas de Torrecedeira e Central de Ourense ata as 01:00 h.da madrugada, e biblioteca Central de Pontevedra, ata as 03:00 horas da madrugada.