18 febreiro, 2010 | 10:27:00

Libros por Haití

Con motivo do recente terremoto de Haití, na Biblioteca Universitaria da UVigo estase a organizar un mercadillo solidario de libros.  Os cartos recadados coas ventas doaranse integramente á Cruz Vermella. Co obxectivo de implicar á comunidade universitaria, a Biblioteca invita a participar a todos e todas na iniciativa: solidarízate con Haití; participa e lé!

As persoas que desexen colaborar poden depositar un ou dous libros en calquera das bibliotecas dos tres campus da Universidade, ou nas conserxerías dos edificios de Reitoría e Xerencia-Servizos Centrais no campus Lagoas-Marcosende.  Os libros poden ser novelas, cómics, etc. (pero non manuais nin libros de investigación)  que estean en bo estado.  Con estes libros organizarase un mercadillo no que os libros terán un prezo único de 4 euros.  O mercadillo terá lugar en diferentes centros da UVigo, para o cal avisarase oportunamente dos lugares e datas.

A iniciativa está organizada coa colaboración da Vicerreitoría de Relacións Institucionais da UVigo e a participación de Libraría Andel, Libraría Martín Códax, Libraría Michelena, Libraría Universitaria Sur, Librería Pons (Zaragoza) e o estudo Sopa de Letras Diseño Gráfico.

Síguenos en Twitter ou en Facebook.

TAGS
 
Suscríbete a RSS
Engadir este sitio a RSS ¿Qué é RSS?
É unha tecnología que envía automáticamente os titulares dun medio a un programa lector ou agregador. Para empregar as fontes RSS existen múltiples opcions. A máis común consiste en instalar un programa chamado 'agregador' ou lector de noticias.                                                                                                                                                                                                                                                                                                                                   

Creative Commons License
Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons.

Copyright © 2024 blogdaBiblio.todos os dereitos reservados. Aviso Legal